martes, 14 de abril de 2015

Vídeo final: "Por un futuro máis xusto e sostible"

Aquí vos deixamos o resumo de todo o noso traballo elaborado para un telexornal local. Para iso empregamos a sala de plenos do noso concello de Boiro. Neste informativo tratamos de concienciar o noso entorno para traballar a prol da igualdade de xéneros, para participar en proxectos solidarios (por exemplo, no noso torneo de bádminton) e tamén para fomentar un respeto polo noso medio ambiente e para garantir un desenvolvemento sostible. Esperamos que vos guste a nosa iniciativa e sigamos todos traballando polo "noso mundo, a nosa dignidade e o noso futuro"!!!!!!!!!



Prensa: Recepción no concello

( La Voz de Galicia, 14 de Abril 2015)

domingo, 12 de abril de 2015

Informe final: "Por un futuro máis xusto e sostible"

Dende o IES Praia Barraña de Boiro levamos a cabo unha serie de actividades englobadas baixo o lema “Por un futuro máis xusto e sostible”. Centrados no Ano Europeo do desenvolvemento 2015 deseñamos diferentes actividades cas cales tratamos de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución  para a realización de proxectos solidarios e a sensibilización polo coidado do noso medio ambiente.
Tamén traballamos co obxectivo de dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE.

A iniciativa “Por un futuro máis xusto e sostible” estivo encamiñada a traballar dende distintas perspectivas algúns dos principais obxectivos do milenio:

    1) Loitar para erradicar a pobreza (proxecto solidario: torneo de bádminton).
O primeiro punto que tratamos, foi a recadación de fondos para así poder doalos a Cruz Vermella. Para a obtención de estes, convocouse un Torneo de Bádminton no instituto, no que podía participar quen quixera tendo en conta a achega de 2€ por persoa. Cumprindo así co obxectivo de concienciar a poboación para colaborar en obras solidarias. Todo o recadado foi doado a ONG Cruz Vermella de Boiro. (Ver fotos do torneo). Tamén se fixo un estudo das ONGs (Ver vídeo).

     2)  Traballar a prol da igualdade entre xéneros (Día da muller traballadora).
Comezamos ca elaboración dunhas pancartas a favor da igualdade entre xéneros, reivindicando o Día da muller traballadora que se celebrou o  pasado 8 de marzo.
O mesmo día saíuse as rúas para facer entrevistas a persoas de diferentes idades e xéneros preguntando se sabían a que se debía o Día da muller traballadora entre outras preguntas.(Ver fotos)

     3) Garantir un desenvolvemento sostible do planeta.
Visitamos a depuradora de augas residuais de Cabo da Cruz, nesta visita informáronnos de todo o proceso de tratamento da auga de Boiro. Puidemos observar a chegada das augas residuais sucias e a súa saída da depuradora xa limpa tras o proceso de tratamento. (Ver vídeo).

     4) Desenvolvemento global.
Pedimos cita no concello de Boiro onde nos recibiu o Sr. Alcalde e nos deixou empregar unha das súas salas de reunión para podermos levar a cabo unha asemblea parlamentaria.
O traballo realizado no concello consistiu na gravación dun vídeo onde nós, os alumnos de 1º Bacharelato, simulabamos encontrarnos nunha sesión do europarlamento  onde os diferentes países asinan os seus compromisos para acadar os obxectivos do milenio. Tamén debatemos e avaliamos como se están a desenvolver estes obxectivos. (Ver vídeo final).

Neste proxecto fixemos uso de todos os nosos coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación neste blog. Este proxecto tamén serviu para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos do noso IES, xa que colaboramos co departamento de Educación Física para a realización do torneo de bádminton solidario.

Como conclusión deste traballo dicir que aínda que se avanzou moito aínda debemos seguir avanzando para  loitar por erradicar a pobreza, mellorar a saúde, garantir un desenvolvemento sostible do planeta e traballar a prol da igualdade entre xéneros.

A seguir  traballando por “Un futuro máis xusto e sostible”!!!!!!!!

viernes, 10 de abril de 2015

Prensa: Recepción no Concello de Boiro

Recepción do alumnado de 1º Bacharelato participante en Euroscola 2015 polo Sr. Alcalde de Boiro.

Enlace a noticia: Noticieirogalego.
http://www.noticieirogalego.com/2015/04/recepcion-do-alumnado-do-ies-praia-barrana-no-concello-de-boiro/

 (La Voz de Galicia, 9 de Abril 2015)

Nota de prensa: Recepción no concello de Boiro

O alumnado do  IES Praia Barraña participante no certame Euroscola 2015 vén de ser  recibido no concello de Boiro onde estivo realizando parte da súa inciativa para este proxecto. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo- está dedicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015

O traballo realizado no concello consistiu na gravación dun vídeo onde o alumnado simulaba encontrarse nunha sesión do europarlamento debatendo  sobre os temas de actualidade centrados nos obxectivos do milenio dos que cabe destacar os seguintes:  loitar para erradicar a pobreza, mellorar a saúde, garantir un desenvolvemento sostible do planeta e traballar a prol da igualdade entre xéneros.

Centrados no lema do concurso- "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"-  o alumnado levou a cabo a iniciativa para dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE.  As diferentes actividades  organizadas polo alumnado de 1º Bacharelato trataron de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución  para a  realización de proxectos solidarios e a sensibilización polo coidado do noso medio ambiente.
Dita iniciativa foi titulada "Por un futuro máis xusto e sostible". Toda a información recabada, as entrevistas que se  realizaron e o proxecto final que se levou a cabo atópase no seguinte blog: desenvolvementoboiro.blogspot.com.

Neste proxecto o alumnado fai uso de todos os seus coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación nese blog. Este proxecto tamén serve para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos.
 

jueves, 9 de abril de 2015

Entrevista Cruz Vermella (ONG)

En entradas anteriores informábamovos que ibamos facerlle unha sinxela entrevista a Cruz Vermella de Boiro. Manolo, o secretario e voluntario, respondeunos a todas as dúbidas e preguntas que nos lle cuestionábamos. 
  Amosámosvos o noso vídeo que esta subido a nosa Youtube:

                            

Contounos todo sobre a Cruz Vermella a nivel internacional, nacional, provincial e local.
Apoiamos un dos obxectivos do milenio que é erradicar a pobreza, a fame e o sufrimento de todas as persoas no mundo.

Creamos hagstags con motivo de difundir a nosa noticia

Na nosa conta de Twitter (podedes acceder a ela aquí) creamos uns hagstags para difundir a nosa noticia e así poder difundir a través das redes sociales:

#DesenvolvementoBoiro
#PorUnFuturoMasJustoYSostenible
#PraiaBarrañaInforma


miércoles, 8 de abril de 2015

Difusión da noticia: Web do Concello de Boiro

Na páxina Web do Concello de Boiro difunden a nosa iniciativa no certame Euroscola 2015.

http://www.boiro.org/boiro/

Coñecemos máis sobre a Cruz Vermella (ONG)

O pasado 6 de abril reunimonos cos voluntarios da Cruz Vermella de Boiro, que teñen a súa sede no Centro Social.
Alí atendeunos Natalia, que era unha das técnicas, e presentounos a Manolo, que a parte de ser secretario é un dos voluntarios. Cabe destacar, que sendo voluntarios non reciben nada a cambio, únicamente a gratitude das persoas.
Manolo falounos do funcionamente desta ONG de maneira internacional, nacional, provincial e local.
Con esta actividade, o que estamos procurando e apoiar o obxetivo do milenio que trata de erradicar a pobreza, a fame e o sufrimento das persoas no mundo. 
Máis adiante subiremos o vídeo da entrevista completa, e tamén introduciremos algún fragmento no noso gran vídeo final.

Os fondos recadados no noso torneo de bádminton solidario foron donados a esta ONG, aportando así o noso pequeno gran de área de cara a sensibilización para a contribuición en proxectos solidarios. Grazas a todos os que colaborastedes con nos!!!

Aquí están Manolo e Natalia.

martes, 7 de abril de 2015

Entrevista depuradora, Cabo de Cruz

Como xa comentamos en entradas anteriores, visitamos a planta da depuradora de Cabo de Cruz (Boiro). Alí, fixemos unha pequena entrevista, interesandonos polo seu funcionamento. Fixemos fincapé nas directrices europeas que as plantas de tratamento de augas residuais teñen que cumplir ademáis de por suposto, cumplir ca lexislación autonómica e nacional. 

A entrevista contaba dunhas preguntas sinxelas, que debido ao tema foron xurdindo outras novas, as principales eran:
- Como influe a Unión Europea na depuradora?
- Que residuos son os máis abundantes, dos que poden chegar?
- En que vos comprometedes ca Unión Europea? Que vos propón facer?
- Canto tempo leva aberta a depuradora? Como funciona?
- Hai algunha norma xeral que teña que respetar a depuradora?
- Que facedes ca auga contaminada?
- Tendes algún reto para reducir a contaminación?


Deixamos aquí o vídeo da nosa entrevista, para que o vexades.



lunes, 6 de abril de 2015

Entrevista planta de tratamento de augas residuais.

Un dos puntos a tratar dentro da nosa iniciativa " Por un futuro máis xusto e sostible" foi a sustentabilidade no noso concello. Queríamos avaliar dentro do noso concello un dos obxectivos do milenio "Garantir un desenvolvemento sostible" e para eso visitamos o luns a mañá as intalacións das augas residuais de Boiro que estan en Cabo da Cruz, donde nos explicaron e enseñaron as instalacións.


Fixemos unha entrevista na que nos contou como funcionaba a depuradora (os residuos suelen ser sólidos, os que máis chegan son compresas) falounos de que era unha depuradora biolóxica; na que a auga e depurada e explicounos cada paso do funcionamento das máquinas.






domingo, 5 de abril de 2015

Coñecemos mais sobre Mans Unidas (ONG)

O pasado mércores día 25, Puri, a nosa profesora de inglés, dounos unha pequena charla sobre Mans Unidas, é coñecida como unha ONGD, xa que axuda o desarollo dos países menos desenvolvidos.


Contounos algúns dos proxectos que fixeron para recaudar diñeiro, un exemplo foi unha carreira popular que organizaron no municipio de Noia, correron dende nenos a maiores en diferentes carreiras. Os máis pequenos fixeron carreiras de relevo pola alameda do pobo, os maiores sin embargo fixeron unha carreira por todo pobo. O finalizar a carreira, dábanlles un diploma a cada persoa por participar.





Tamen nos contou uns dos proxectos que fixeron na India, que consistía nunha escola para un pobo desfavorecido. Cando remataron a escola, uns voluntarios de Mans Unidas foron ata a India a revisar se todo estaba como acadaran, e o resultado foi positivo.




viernes, 27 de marzo de 2015

Torneo de Bádminton solidario

Enlace ao xornal dixital Noticieiro galego que recolle unha das actividades realizada polo alumnado para o certame Euroscola 2015.

Finalistas do torneo de bádminton

Torneo solidario de bádminton

O luns 23 demos comezo a un torneo solidario de bádminton que organizamos para mentalizar á xente para que colabore cun dos obxectivos do milenio, o de erradicar a pobreza.
É un torneo de bádminton de dobres. Trátase dunha eliminatoria directa (partidos a 15 puntos, excepto a final que é a 21) na que participan 16 parellas. Os ganadores foron Andrés, o profesor de física do IES Praia Barraña, e Fran, o profesor de debuxo artístico do IES Praia Barraña. Noraboa aos dous.
Entre os participantes hay dende alumnos de bacharelato, ata nenos de 1º da ESO e profesores. Cada participante donou 2 euros que serán doados para a Cruz Vermella.
Achegámosvos un álbum de imaxes dos partidos:


Tamén vos achegamos un enlace á páxina web na que creamos o cadro do torneo. Nela podedes ver quen gañou cada partido e con cantos puntos:  http://challonge.com/torneoiespraiabarranha

martes, 24 de marzo de 2015

Entrevista: Planta depuradora de aguas residuais

Neste proxecto vamos facer unha entrevista a depuradora de aguas residuais de Cabo de Cruz, farémoslle preguntas en relación ca parte técnica e biolóxica do tratamento das augas residuais. Pero tamén nos  interesaremos por coñecer que lexislación e directrices dicta a Unión Europea neste campo. Tamén preguntas do tempo que leva aberta a depuradora. Será unha entrevista moi básica, pero específica, na que se detalle o funcionamento da depuradora e como está contribuindo a lograr un futuro máis sustentable.




miércoles, 18 de marzo de 2015

Prensa: El Correo Gallego

(O Correo Galego, 18 de marzo de 2015)

Colaboramos con Cruz Vermella.

O seguinte proxecto que temos entre mans trátase dunha colaboración coa Cruz Vermella, unha das maiores ONG's a nivel internacional.
Estivemos falando coa presindenta da Cruz Vermella do Barbanza, Luz González, e comentounos os obxetivos e os rasgos principais desta asociación.
Cruz Vermella é unha ONG que ten como obxetivo principal evitar o sufrimento humano. Esta asociación é de carácter totalmente voluntario;as persoas non reciben nada a cambio por participar neste proxecto.
Cruz Vermella posúe sedes por todo o mundo, e é a principal fonte de axuda ante catástrofes naturais e os diferentes problemas da humanidade. As características que segue son:

  • Humanidade
  • Imparcialidade
  • Neutralidade
  • Independencia
  • Voluntariado
  • Unidade
  • Universalidade
No caso do Barbanza, Cruz Vermella céntrase na axuda infantil, aportando kits de hixiene e merendas. Ademais, ofrece charlas sobre temas da saúde e prevención de conductas violentas para adolescentes.

Xa que un  dos obxectivos do milenio é a Unión e a solidariedade europea, os alumnos deste centro puxemos en marcha un partido de bádminton benéfico. O recaudado será aportado simbólicamente a esta ONG.
Próximamente, realizaremos unha visita á sede da Cruz Vermella de Boiro, onde faremos unha entrevista aos colaboradores para saber en que consiste o seu traballo.

lunes, 16 de marzo de 2015

Prensa: Xornais dixitais

Varios xornais dixitais galegos recollen hoxe, 16 de marzo de 2015,  a nosa iniciativa. Aquí o enlace a noticias galicia.


E a continuación o enlace ao noticieiro galego.


Difusión na páxina Web do noso IES

Comezamos por difundir a noticia publicándoa na páxina WEB do noso Instituto: IES Praia Barraña

A donde poden ir os pobres e ilegais?

Dende o equipo Barraña 2015 estivemos estudando sobre as migracións en España , centrándonos no estreito de Xibraltar.
Este é un tema duro relacionado co desarrollo, o movemento de persoas xerado pola pobreza e conflitos armados.
Para nós é un tema cercano, pero non somos o único país que sofre este problema na Unión Europea (UE). Dexámosvos esta presentación que fixemos investigando sobre este Obxectivo do Milenio.


Torneo Badminton Solidario

Colocamos os seguintes carteis polo noso IES e tamén polo noso concello para darlle a máxima difusión á iniciativa "Por un futuro máis xusto e sostible"

viernes, 13 de marzo de 2015

Difusión dende Europe Direct

Queremos dar as grazas ao equipo de Europa Direct pola súa colaboración con este proxecto que lanzamos dende o IES Praia Barraña.



Nos axudan dende Europa Direct

Despois de pedirlle información e publicidade a Europe Direct contestáronnos con todos estos enlaces de información:

"Bós días Equipo Barraña 2015!
Ante todo felicitarvos pola idea do blogue, parécenos moi interesante. Nós, dende o centro de Europe Direct A Coruña trataremos publicitar ao máximo o voso proxecto a través da nosa web http://www.dicoruna.es/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2015/concurso/ do noso Facebook https://www.facebook.com/EuropeDirectCoruna e do noso Twitter https://twitter.com/EDCoruna

Ademáis consideramos que nas seguintes páxinas web podedes atopar información interesante sobre axuda ao desenvolvemento:
http://capacity4dev.ec.europa.eu/ e http://europa.eu/youth/es
E imaxinamos que xa estaredes ben familiarizados coa web do concursohttp://www.euro-scola.com/index.php.

Vos desexamos a mellor das sortes e non dubidedes en contactar connosco se vos acontece calqueira outra dúbida,
O equipo de Europe Direct A Coruña."

miércoles, 11 de marzo de 2015

Debate: Unha vida digna, futuro sustentable....

Fagamos un debate e un traballo de investigación sobre os lemas que o XXI Edición do Concurso Euroscola nos propón:
  • "Unha vida digna para todos: rematar coa pobreza e dar ao mundo un futuro sustentable" é unha das principais mensaxes para transmitir este ano á sociedade europea.
  • O Parlamento Europeo insistiu en que o centro do ano europeo debe ser a dignidade de cada ser humano deste planeta, e por iso elixiu o lema "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"

Europe direct A Coruña

Seguindo as directrices de Euroscola 2015 contactamos con Europe Direct A Coruña para recabar información e para que nos axuden a darlle difusión a nosa iniciativa. 

 Aquí vos deixamos o enlace a súa páxina: Europe Direct A Coruña

martes, 10 de marzo de 2015

Parlamento Europeo

Europar TV te explica el amplio abanico de labores del Parlamento Europeo en sus sedes de Bruselas, Estrasburgo y Luxemburgo.

lunes, 9 de marzo de 2015

Día da muller traballadora.

O día oito de marzo, para conmemorar o día da muller traballadora, saímos á rúa a entrevistar á xente. Vimos que as persoas estaban moi concienciadas co tema da igualdade de xénero.

Aquí vos deixamos unhas fotos traballando sobre este tema e proximamente, no video final, veredes as entrevistas que realizamos.


viernes, 6 de marzo de 2015

Informe inicial: arrancando as nosas iniciativas

Dende o IES "Praia Barraña" de Boiro, imos a traballar baixo o lema "Por un futuro máis xusto e sostible" no concurso Euroscola 2015.
Tendo en conta, que este ano é o Ano Europeo del desarrollo 2015 profundizaremos  no Desenvolvemento Europeo,  cos Obxectivos do Milenio dende distintas perspectivas:

- En primeiro lugar traballaremos nos dereitos da muller preparando unha pequena "performance" polo noso concello para O Día Internacional da Muller.

- A continuación imos evaluar como estamos no tratamento de residuos de grandes empresas e como se tratan as augas residuais no noso concello. Como se está contribuindo desde estes campos a un desenvolvemento máis sostible do planeta e como se traballa seguindo as directrices europeas.

- Tamén traballaremos as migracións en España centrándonos no estreito de Xibraltar. Parécenos un tema de actualidad do que vos iremos informando cunhas presentacións e vídeos de interese.

- Faremos tamén un estudo das diferentes ONGs da nosa comarca entrevistando as súas responsables para poder irnos documentando sobre tema.

- Organizaremos tamén unha actividade deportiva onde recaudaremos fondos para donar a unha ONG.

- E para rematar, organizaremos todos os datos recabados e elaboraremos un Proxecto Final.

Esperemos que vos guste a nosa aportación para entre todos lograr Un futuro máis xusto e sostible.....

Un saúdo!

jueves, 5 de marzo de 2015

Euroscola 2015


Neste ano 2015, Euroscola arrancou co lema "our world, our dignity, our future", que significa "noso mundo, nosa disgnidade, noso futuro" e a partir deste lema imos traballar dende Boiro e o noso concello cunha serie de iniciativas que iremos desenvolvendo por un futuro máis xusto e sostible.