martes, 14 de abril de 2015

Vídeo final: "Por un futuro máis xusto e sostible"

Aquí vos deixamos o resumo de todo o noso traballo elaborado para un telexornal local. Para iso empregamos a sala de plenos do noso concello de Boiro. Neste informativo tratamos de concienciar o noso entorno para traballar a prol da igualdade de xéneros, para participar en proxectos solidarios (por exemplo, no noso torneo de bádminton) e tamén para fomentar un respeto polo noso medio ambiente e para garantir un desenvolvemento sostible. Esperamos que vos guste a nosa iniciativa e sigamos todos traballando polo "noso mundo, a nosa dignidade e o noso futuro"!!!!!!!!!



Prensa: Recepción no concello

( La Voz de Galicia, 14 de Abril 2015)

domingo, 12 de abril de 2015

Informe final: "Por un futuro máis xusto e sostible"

Dende o IES Praia Barraña de Boiro levamos a cabo unha serie de actividades englobadas baixo o lema “Por un futuro máis xusto e sostible”. Centrados no Ano Europeo do desenvolvemento 2015 deseñamos diferentes actividades cas cales tratamos de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución  para a realización de proxectos solidarios e a sensibilización polo coidado do noso medio ambiente.
Tamén traballamos co obxectivo de dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE.

A iniciativa “Por un futuro máis xusto e sostible” estivo encamiñada a traballar dende distintas perspectivas algúns dos principais obxectivos do milenio:

    1) Loitar para erradicar a pobreza (proxecto solidario: torneo de bádminton).
O primeiro punto que tratamos, foi a recadación de fondos para así poder doalos a Cruz Vermella. Para a obtención de estes, convocouse un Torneo de Bádminton no instituto, no que podía participar quen quixera tendo en conta a achega de 2€ por persoa. Cumprindo así co obxectivo de concienciar a poboación para colaborar en obras solidarias. Todo o recadado foi doado a ONG Cruz Vermella de Boiro. (Ver fotos do torneo). Tamén se fixo un estudo das ONGs (Ver vídeo).

     2)  Traballar a prol da igualdade entre xéneros (Día da muller traballadora).
Comezamos ca elaboración dunhas pancartas a favor da igualdade entre xéneros, reivindicando o Día da muller traballadora que se celebrou o  pasado 8 de marzo.
O mesmo día saíuse as rúas para facer entrevistas a persoas de diferentes idades e xéneros preguntando se sabían a que se debía o Día da muller traballadora entre outras preguntas.(Ver fotos)

     3) Garantir un desenvolvemento sostible do planeta.
Visitamos a depuradora de augas residuais de Cabo da Cruz, nesta visita informáronnos de todo o proceso de tratamento da auga de Boiro. Puidemos observar a chegada das augas residuais sucias e a súa saída da depuradora xa limpa tras o proceso de tratamento. (Ver vídeo).

     4) Desenvolvemento global.
Pedimos cita no concello de Boiro onde nos recibiu o Sr. Alcalde e nos deixou empregar unha das súas salas de reunión para podermos levar a cabo unha asemblea parlamentaria.
O traballo realizado no concello consistiu na gravación dun vídeo onde nós, os alumnos de 1º Bacharelato, simulabamos encontrarnos nunha sesión do europarlamento  onde os diferentes países asinan os seus compromisos para acadar os obxectivos do milenio. Tamén debatemos e avaliamos como se están a desenvolver estes obxectivos. (Ver vídeo final).

Neste proxecto fixemos uso de todos os nosos coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación neste blog. Este proxecto tamén serviu para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos do noso IES, xa que colaboramos co departamento de Educación Física para a realización do torneo de bádminton solidario.

Como conclusión deste traballo dicir que aínda que se avanzou moito aínda debemos seguir avanzando para  loitar por erradicar a pobreza, mellorar a saúde, garantir un desenvolvemento sostible do planeta e traballar a prol da igualdade entre xéneros.

A seguir  traballando por “Un futuro máis xusto e sostible”!!!!!!!!

viernes, 10 de abril de 2015

Prensa: Recepción no Concello de Boiro

Recepción do alumnado de 1º Bacharelato participante en Euroscola 2015 polo Sr. Alcalde de Boiro.

Enlace a noticia: Noticieirogalego.
http://www.noticieirogalego.com/2015/04/recepcion-do-alumnado-do-ies-praia-barrana-no-concello-de-boiro/

 (La Voz de Galicia, 9 de Abril 2015)

Nota de prensa: Recepción no concello de Boiro

O alumnado do  IES Praia Barraña participante no certame Euroscola 2015 vén de ser  recibido no concello de Boiro onde estivo realizando parte da súa inciativa para este proxecto. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo- está dedicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015

O traballo realizado no concello consistiu na gravación dun vídeo onde o alumnado simulaba encontrarse nunha sesión do europarlamento debatendo  sobre os temas de actualidade centrados nos obxectivos do milenio dos que cabe destacar os seguintes:  loitar para erradicar a pobreza, mellorar a saúde, garantir un desenvolvemento sostible do planeta e traballar a prol da igualdade entre xéneros.

Centrados no lema do concurso- "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"-  o alumnado levou a cabo a iniciativa para dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE.  As diferentes actividades  organizadas polo alumnado de 1º Bacharelato trataron de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución  para a  realización de proxectos solidarios e a sensibilización polo coidado do noso medio ambiente.
Dita iniciativa foi titulada "Por un futuro máis xusto e sostible". Toda a información recabada, as entrevistas que se  realizaron e o proxecto final que se levou a cabo atópase no seguinte blog: desenvolvementoboiro.blogspot.com.

Neste proxecto o alumnado fai uso de todos os seus coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación nese blog. Este proxecto tamén serve para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos.
 

jueves, 9 de abril de 2015

Entrevista Cruz Vermella (ONG)

En entradas anteriores informábamovos que ibamos facerlle unha sinxela entrevista a Cruz Vermella de Boiro. Manolo, o secretario e voluntario, respondeunos a todas as dúbidas e preguntas que nos lle cuestionábamos. 
  Amosámosvos o noso vídeo que esta subido a nosa Youtube:

                            

Contounos todo sobre a Cruz Vermella a nivel internacional, nacional, provincial e local.
Apoiamos un dos obxectivos do milenio que é erradicar a pobreza, a fame e o sufrimento de todas as persoas no mundo.

Creamos hagstags con motivo de difundir a nosa noticia

Na nosa conta de Twitter (podedes acceder a ela aquí) creamos uns hagstags para difundir a nosa noticia e así poder difundir a través das redes sociales:

#DesenvolvementoBoiro
#PorUnFuturoMasJustoYSostenible
#PraiaBarrañaInforma


miércoles, 8 de abril de 2015

Difusión da noticia: Web do Concello de Boiro

Na páxina Web do Concello de Boiro difunden a nosa iniciativa no certame Euroscola 2015.

http://www.boiro.org/boiro/

Coñecemos máis sobre a Cruz Vermella (ONG)

O pasado 6 de abril reunimonos cos voluntarios da Cruz Vermella de Boiro, que teñen a súa sede no Centro Social.
Alí atendeunos Natalia, que era unha das técnicas, e presentounos a Manolo, que a parte de ser secretario é un dos voluntarios. Cabe destacar, que sendo voluntarios non reciben nada a cambio, únicamente a gratitude das persoas.
Manolo falounos do funcionamente desta ONG de maneira internacional, nacional, provincial e local.
Con esta actividade, o que estamos procurando e apoiar o obxetivo do milenio que trata de erradicar a pobreza, a fame e o sufrimento das persoas no mundo. 
Máis adiante subiremos o vídeo da entrevista completa, e tamén introduciremos algún fragmento no noso gran vídeo final.

Os fondos recadados no noso torneo de bádminton solidario foron donados a esta ONG, aportando así o noso pequeno gran de área de cara a sensibilización para a contribuición en proxectos solidarios. Grazas a todos os que colaborastedes con nos!!!

Aquí están Manolo e Natalia.

martes, 7 de abril de 2015

Entrevista depuradora, Cabo de Cruz

Como xa comentamos en entradas anteriores, visitamos a planta da depuradora de Cabo de Cruz (Boiro). Alí, fixemos unha pequena entrevista, interesandonos polo seu funcionamento. Fixemos fincapé nas directrices europeas que as plantas de tratamento de augas residuais teñen que cumplir ademáis de por suposto, cumplir ca lexislación autonómica e nacional. 

A entrevista contaba dunhas preguntas sinxelas, que debido ao tema foron xurdindo outras novas, as principales eran:
- Como influe a Unión Europea na depuradora?
- Que residuos son os máis abundantes, dos que poden chegar?
- En que vos comprometedes ca Unión Europea? Que vos propón facer?
- Canto tempo leva aberta a depuradora? Como funciona?
- Hai algunha norma xeral que teña que respetar a depuradora?
- Que facedes ca auga contaminada?
- Tendes algún reto para reducir a contaminación?


Deixamos aquí o vídeo da nosa entrevista, para que o vexades.



lunes, 6 de abril de 2015

Entrevista planta de tratamento de augas residuais.

Un dos puntos a tratar dentro da nosa iniciativa " Por un futuro máis xusto e sostible" foi a sustentabilidade no noso concello. Queríamos avaliar dentro do noso concello un dos obxectivos do milenio "Garantir un desenvolvemento sostible" e para eso visitamos o luns a mañá as intalacións das augas residuais de Boiro que estan en Cabo da Cruz, donde nos explicaron e enseñaron as instalacións.


Fixemos unha entrevista na que nos contou como funcionaba a depuradora (os residuos suelen ser sólidos, os que máis chegan son compresas) falounos de que era unha depuradora biolóxica; na que a auga e depurada e explicounos cada paso do funcionamento das máquinas.






domingo, 5 de abril de 2015

Coñecemos mais sobre Mans Unidas (ONG)

O pasado mércores día 25, Puri, a nosa profesora de inglés, dounos unha pequena charla sobre Mans Unidas, é coñecida como unha ONGD, xa que axuda o desarollo dos países menos desenvolvidos.


Contounos algúns dos proxectos que fixeron para recaudar diñeiro, un exemplo foi unha carreira popular que organizaron no municipio de Noia, correron dende nenos a maiores en diferentes carreiras. Os máis pequenos fixeron carreiras de relevo pola alameda do pobo, os maiores sin embargo fixeron unha carreira por todo pobo. O finalizar a carreira, dábanlles un diploma a cada persoa por participar.





Tamen nos contou uns dos proxectos que fixeron na India, que consistía nunha escola para un pobo desfavorecido. Cando remataron a escola, uns voluntarios de Mans Unidas foron ata a India a revisar se todo estaba como acadaran, e o resultado foi positivo.