miércoles, 18 de marzo de 2015

Colaboramos con Cruz Vermella.

O seguinte proxecto que temos entre mans trátase dunha colaboración coa Cruz Vermella, unha das maiores ONG's a nivel internacional.
Estivemos falando coa presindenta da Cruz Vermella do Barbanza, Luz González, e comentounos os obxetivos e os rasgos principais desta asociación.
Cruz Vermella é unha ONG que ten como obxetivo principal evitar o sufrimento humano. Esta asociación é de carácter totalmente voluntario;as persoas non reciben nada a cambio por participar neste proxecto.
Cruz Vermella posúe sedes por todo o mundo, e é a principal fonte de axuda ante catástrofes naturais e os diferentes problemas da humanidade. As características que segue son:

  • Humanidade
  • Imparcialidade
  • Neutralidade
  • Independencia
  • Voluntariado
  • Unidade
  • Universalidade
No caso do Barbanza, Cruz Vermella céntrase na axuda infantil, aportando kits de hixiene e merendas. Ademais, ofrece charlas sobre temas da saúde e prevención de conductas violentas para adolescentes.

Xa que un  dos obxectivos do milenio é a Unión e a solidariedade europea, os alumnos deste centro puxemos en marcha un partido de bádminton benéfico. O recaudado será aportado simbólicamente a esta ONG.
Próximamente, realizaremos unha visita á sede da Cruz Vermella de Boiro, onde faremos unha entrevista aos colaboradores para saber en que consiste o seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario