viernes, 6 de marzo de 2015

Informe inicial: arrancando as nosas iniciativas

Dende o IES "Praia Barraña" de Boiro, imos a traballar baixo o lema "Por un futuro máis xusto e sostible" no concurso Euroscola 2015.
Tendo en conta, que este ano é o Ano Europeo del desarrollo 2015 profundizaremos  no Desenvolvemento Europeo,  cos Obxectivos do Milenio dende distintas perspectivas:

- En primeiro lugar traballaremos nos dereitos da muller preparando unha pequena "performance" polo noso concello para O Día Internacional da Muller.

- A continuación imos evaluar como estamos no tratamento de residuos de grandes empresas e como se tratan as augas residuais no noso concello. Como se está contribuindo desde estes campos a un desenvolvemento máis sostible do planeta e como se traballa seguindo as directrices europeas.

- Tamén traballaremos as migracións en España centrándonos no estreito de Xibraltar. Parécenos un tema de actualidad do que vos iremos informando cunhas presentacións e vídeos de interese.

- Faremos tamén un estudo das diferentes ONGs da nosa comarca entrevistando as súas responsables para poder irnos documentando sobre tema.

- Organizaremos tamén unha actividade deportiva onde recaudaremos fondos para donar a unha ONG.

- E para rematar, organizaremos todos os datos recabados e elaboraremos un Proxecto Final.

Esperemos que vos guste a nosa aportación para entre todos lograr Un futuro máis xusto e sostible.....

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario