viernes, 27 de marzo de 2015

Torneo solidario de bádminton

O luns 23 demos comezo a un torneo solidario de bádminton que organizamos para mentalizar á xente para que colabore cun dos obxectivos do milenio, o de erradicar a pobreza.
É un torneo de bádminton de dobres. Trátase dunha eliminatoria directa (partidos a 15 puntos, excepto a final que é a 21) na que participan 16 parellas. Os ganadores foron Andrés, o profesor de física do IES Praia Barraña, e Fran, o profesor de debuxo artístico do IES Praia Barraña. Noraboa aos dous.
Entre os participantes hay dende alumnos de bacharelato, ata nenos de 1º da ESO e profesores. Cada participante donou 2 euros que serán doados para a Cruz Vermella.
Achegámosvos un álbum de imaxes dos partidos:


Tamén vos achegamos un enlace á páxina web na que creamos o cadro do torneo. Nela podedes ver quen gañou cada partido e con cantos puntos:  http://challonge.com/torneoiespraiabarranha

No hay comentarios:

Publicar un comentario