miércoles, 8 de abril de 2015

Coñecemos máis sobre a Cruz Vermella (ONG)

O pasado 6 de abril reunimonos cos voluntarios da Cruz Vermella de Boiro, que teñen a súa sede no Centro Social.
Alí atendeunos Natalia, que era unha das técnicas, e presentounos a Manolo, que a parte de ser secretario é un dos voluntarios. Cabe destacar, que sendo voluntarios non reciben nada a cambio, únicamente a gratitude das persoas.
Manolo falounos do funcionamente desta ONG de maneira internacional, nacional, provincial e local.
Con esta actividade, o que estamos procurando e apoiar o obxetivo do milenio que trata de erradicar a pobreza, a fame e o sufrimento das persoas no mundo. 
Máis adiante subiremos o vídeo da entrevista completa, e tamén introduciremos algún fragmento no noso gran vídeo final.

Os fondos recadados no noso torneo de bádminton solidario foron donados a esta ONG, aportando así o noso pequeno gran de área de cara a sensibilización para a contribuición en proxectos solidarios. Grazas a todos os que colaborastedes con nos!!!

Aquí están Manolo e Natalia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario